Medidas do Museo Arqueolóxico pola situación sanitaria

Medidas do Museo Arqueolóxico pola situación sanitaria

Co fin de garantir a saúde de visitantes, usuarios e traballadores e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación coa Covid-19, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense informa:

O Museo e a Sala de exposicións Escolma de Escultura permanecerán pechados ao público durante 14 días, periodo prorrogable en función da situación sanitaria.

O peche supón a cancelación de todas as visitas de grupos e das actividades presenciais programadas neste periodo.

No entanto, as persoas que precisen realizar algunha consulta poden facelo a través do enderezo electrónico: mapour@xunta.gal

O equipo técnico do Museo continuará a traballar, prestando servizos a través de ferramentas dixitais e potenciando os contidos online.

Por elo, cada día subiranse contidos referidos ás exposicións realizadas ou ás pezas máis senlleiras das coleccións do Museo.

#aculturasegue