NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Fotografía coa ermida de San Lazáro

Peza do día: Fotografía coa ermida de San Lazáro

#aculturasegue

A cidade de Ourense anterior ao século XIX era un núcleo de rúas estreitas e sinuosas, afogadas por amplos voadizos que dificultaban a circulación do aire e a entrada de sol, cunha deficiente evacuación de residuos, constrinxida por unha cerca-muralla e unha poboación mal axeitada hixienicamente. Factores que aceleraban a rápida propagación de enfermidades e particularmente das temidas pestes. Nos séculos XVI e XVII intentan pór medidas correctoras, pois as epidemias van ser máis abundantes, agudizadas por épocas de pobreza alimenticia. Para cura dos enfermos (os denominados “gafos”) habilitábase nas cidades lugares afastados, extramuros, nos que ficasen reducidos para así evitar o contaxio co resto da poboación. En Ourense, desde a Idade Media, existiu un lazareto situado na zona denominada hoxe Parque de San Lázaro, daquelas bastante fóra do radio da cidade. Asistido pola Casa de Lemos e logo polo Concello de Ourense foi perdendo paulatinamente peso como hospital e conservando unicamente a función relixiosa. Chegaron a convivir dúas edificacións no Campo de San Lázaro na Idade Moderna, desaparecidas pola apertura da estrada de Monforte (hoxe Cardeal Quevedo) e mesmo unha terceira ermida do San Lázaro de finais do século XIX, hoxe trasladada a Peliquín, que é a que podedes ver ao fondo desta imaxe dos fondos do Museo na súa situación orixinal.