NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Tabula de Castromao

Peza do día: Tabula de Castromao

#aculturasegue

Placa rectangular, con marco moldurado, cun apéndice a modo de lingüeta na parte superior. Recolle un pacto de hospitalidade entre os coelernos e Gneo Antonius Novaugustanus, prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos: “G(neo) IVLIO. SERVIO. AUGURINO. G(eneo) TREBIO. SERGIANO. CO(n)S(ulibus). COELERNI. EXHISPANIA. CITERIORE. CONVENTUS. BRACARI. CVM. G(neo). ANTONIO. AQUILO. NOVAUGUSTANO PRAEF(echo). COH(ortis). I. CELTIBERORUM. LIBERIS. POSTERISQUE. EIVS. HOSPITIUM. FECERUNT. G(neus). ANTONIVS. AQVILVS. CUM. COELERNIS. LIBERIS. POSTERISQUE. EORUM. HOSPITIUM. FECIT. LEGATUS. EGIT P(ublius). CAMPANIVS. GEMINVS”. “Sendo cónsules Gneo Julio Augurino e Gneo Trebio Sergiano, os Coelerni da Hispania Citerior e do convento de Braga, fixeron un pacto de hospitalidade con Gneo Antonio Aquilino Novaugustano, prefecto da primeira Cohorte dos Celtíberos cos seus fillos e descendentes. Gneo Antonio Aquilo fixo pacto de hospitalidade cos Coelerni, cos seus fillos e descendentes. Actuou como legado Publio Campanio Gémino”.

Documento de extraordinaria importancia para o estudo da organización social e proceso de romanización do noroeste peninsular. De forma inexacta vénse denominando tessera de hospitalidade, pero pola súa forma e función responde a unha tabula de hospitalidade. As tesserae son de pequeno tamaño e formas variadas: xabaril, peixe, golfiño, mans entrelazadas etc; mentres que as tabulae, de formas laminar, rectangular ás veces rematadas en frontón triangular como a do Courel ou as de Vila Nova de Gaia, son de maior tamaño e peso. A tabula serve para dar fe pública da relación que se establece, e como tal custódiase nun edificio público da comunidade, nun lugar visible para todos os membros. Este texto serviu para fixar o nome dun dos cónsules como Xulio e non como Xunio, como se viña facendo ata o momento. Sábese que este pacto tivo lugar no ano 132 d. C. porque este ano corresponde aos cónsules que aparecen nel: Gneo Julio Serio Augurino e Gneo Trebio Sergianio, posto que en Roma os anos datábanse co nome dos cónsules elixidos cada ano. O pacto que se establece é un hospitium, acordo de amizade entre os coelerni e un individuo, G. Antonius Aquilus e como notario actuou o legado Publio Campanio Gémino. A tabula permite situar a capital Coeliobriga no recinto castrexo de Castromao.

Máis información na Peza do mes de xaneiro de 2003