NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Vídeo en 3D da súa evolución histórica

Peza do día: Edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Vídeo en 3D da súa evolución histórica

#aculturasegue

A partir da información documental e arqueolóxica, as ferramentas dixitais permitiron recrear, mediante reconstrución 3D, a evolución arquitectónica e histórica dun dos edificios máis lonxevos da cidade de Ourense e tamén referencia imprescindible da súa historia urbana: o antigo pazo do bispo de Ourense, que desde mediados do século XX foi adquirido polo Estado para ser sede do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

O pazo, asentado sobre un solar onde xa están presentes os restos de época romana, comezouse a edificar no século XII e na actualidade constitúe un dos escasos exemplos da arquitectura civil románica peninsular conservada que, pouco a pouco, foise vendo enriquecida -pero tamén modificada e enmascarada- polos aportes artísticos góticos, renacentistas, barrocos e contemporáneos. Unha secuencia histórica moi ampla na que, finalmente, tampouco faltaron destrucións violentas ou o recorte na amplitude do solar do pazo, que desde a Idade Media era coñecido como os paaços, torres et curral do bispo d’Ourens.

No Día Internacional dos Monumentos e Sitios, este ano baixo o lema Culturas Compartidas, Patrimonio Compartido, Responsabilidade Compartida achegamos a evolución histórica do edificio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.