NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Estela funeraria de Latronus

Peza do día: Estela funeraria de Latronus

#aculturasegue

Trátase dunha estela funeraria case troncocónica, lixeiramente antropomorfa, carácter acentuado pola decoración. Está elaborada cunha pedra granítica de gran volume -160 x 84 x 46 cms- labrada en todo o seu perímetro, cunha sección ovoide máis ampla na parte basal para facilitar a súa verticalidade. Na parte frontal presenta unha inscrición con grandes letras en catro liñas, LATRON/ VS CELT/ IATI. F/ H. S: E. A lectura e interpretación son doadas: Latronus, Celtiati. F(ilius) H(ic) S(itus) E(st), ou sexa Aquí xace Ladrón, fillo de Celtiato. Na parte superior, xusto por riba da inscrición, resaltado por medio dunha riscada e destacando do corpo, presenta un pequeno rostro humano con trazos fisionómicos sumarios, limitados a liñas incisas e no que destacan as orellas.

A peza procede do Muíño de San Pedro, en Oimbra, ao pé do monte Ladairo e nas proximidades do río Támega, nunha zona moi romanizada e de numerosos achados como é o Val de Verín-Chaves. A cronoloxía da peza, tendo en conta tanto a basta expresión plástica como as fórmulas epigráficas de filiación, enterramento e onomástica, sitúannos entre mediados e finais do século I d. C. O nome de Latro ou Ladronus é frecuente en Gallaecia nos primeiros momentos da romanización, así como a referencia céltica do nome do pai. En calquera caso, non se pode desbotar completamente que sexa unha peza reutilizada dunha cronoloxía moi anterior -Idade do Bronce- en relación coas estelas menhir das que hai, non lonxe do lugar de aparición, varios exemplos: Vilar de Santos, Chaves, Faiões ou mesmo a do Tameirón cun motivo de estola nas costas semellante á de Latronus, o que reforza o seu carácter fálico.

Máis información na Peza do mes de xaneiro de 2002