Gravado coa escena da Resurrección copia da obra orixinal realizada por Rafael Sanzio para unha estancia vaticana.
O papel ten marca de auga P.M. Unha moldura decorada enmarca a escena na que aparece a figura de Cristo á saída do sepulcro ante os soldados. Debaixo, un escudo e as inscricións, que indican: debuxado por Luigi Garelli, gravado por Tommaso di Lorenzo e impreso por Angelo Biggi.
Ingresou no Museo por doazón á Comisión Provincial de Monumentos en 1934.