NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Estatua romana

Peza do día: Estatua romana

#aculturasegue

Día da Fundación de Roma

Segundo a tradición literaria, o 21 de abril de hai 2.773 anos, fundouse a cidade de Roma. Para conmemorar tal efeméride propoñemos como Peza do día unha estatua romana procedente de Aquae Querquennae. Polo contexto cronolóxico-cultural no que se documentou e pola súa localización no xacemento, sospeitamos que se trata dun retrato do emperador Domiciano.

O achádego compóñeno un conxunto de doce fragmentos dunha estatua de tamaño natural realizada en bronce recuberto de ouro. O fragmento máis representativo corresponde a practicamente a totalidade do nariz e o ollo dereito; o resto pertence a partes do corpo e cabelo.

Na Gallaecia a escultura en bronce está ligada á arte culta. No caso desta escultura achada no campamento de Aquae Querquennae debemos ter en conta que para o exército romano a imaxe do emperador sempre estaba presente, posto que non só lle prestaban xuramento militar, senón que tamén coñecían o seu rostro polas moedas que recibían como salario, contando ademais cada campamento cunha estatua do emperador para xura de bandeira, sacrificios e ofrendas.

Máis información na Peza do mes de decembro de 2010