NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Fuste do humilladoiro de San Francisco

Peza do día: Fuste do humilladoiro de San Francisco

#aculturasegue

Fuste de cruceiro de sección circular, de 140 x 20 cm, ornado na súa parte baixa polas figuras de Adán e Eva no momento posterior a sucumbir á tentación da serpe, que contempla a escena enroscada no tronco da árbore da “ciencia do ben e o mal”. Na parte superior, catro anxos de corpo enteiro circundan o fuste apoiados en peañas. Visten unha dobre túnica de pregues tubulares e de caída vertical, e portan nas súas mans filacterios, e a cruz e a balanza, símbolos precursores do triunfo do sacrificio da cruz sobre o pecado e a morte. Por riba das súas cabezas, e rematando a árbore do cruceiro, unha fermosa fronde serviría de base para soster un crucificado e unha imaxe da Virxe co Neno, tal e como aparece ilustrado nun manuscrito do século XVIII, atribuído ó P. Sarmiento que se conserva neste Museo.

Segundo dito manuscrito, o fuste procede do Humilladoiro que existía no camiño do convento “junto al Bosque de San Francisco”. Neste documento represéntase a obra completa da que formaba parte, hoxe tristemente desaparecida. Así, o cruceiro estaba formado por unha plataforma de catro chanzos de sección cadrada, pedestal, fuste e cruz, cuberto cun teito apoiado en catro piares graníticos de sección octogonal. Ata nós só chegaron o fuste e dúas pedras pertencentes a un dos piares cunha inscrición co nome do dedicante e a data -1460-, en letras góticas. Os milladoiros sitúanse nas encrucilladas, lindes de parroquias ou nos adros das igrexas. Neles os peregrinos amorean pedras por unha promesa cumprida ou como ritual funerario. O cruceiro, en moitos casos evolución do humilladorio, ten unha orixe incerta, aínda que se ten por creación gótica, vinculada ás ordes mendicantes, especialmente aos franciscanos.

Máis información: Peza do mes de abril de 2004