Arqueoloxía en monodose: “Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior”

Arqueoloxía en monodose: “Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior”

O luns 16 de xuño de 2025, na conferencia “Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior”, David Fernández Abella abordou o papel de Galicia e España na arqueoloxía internacional. Mentres países como Francia consideran estratéxica a súa presenza arqueolóxica no exterior, España apenas mantén unha escola en Roma e só as universidades da Coruña e Vigo manteñen proxectos fóra das súas fronteiras. A UDC en Siria e Palestina, e a UVigo en Marrocos e Etiopía. Pola súa banda, o INCIPIT-CSIC conta cunha presenza de maior relevancia con proxectos en África. Na súa intervención, Fernández Abella destacou dous casos en Exipto, Berenike e Sikait, nos que conta con experiencia directa, con achados singulares e enormes desafíos loxísticos e administrativos. As escavacións no estranxeiro achegan prestixio, experiencia e redes profesionais, pero requiren apoio estrutural e unha visión a longo prazo.