Arqueoloxía en monodose: “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”

Arqueoloxía en monodose: “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”

A conferencia “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”, impartida por Luis Orero Grandal, presentou unha revisión dos traballos iniciados en 1983. O castro, situado nas inmediacións do Carballiño, revelou unha complexa estrutura defensiva con murallas de aparello helicoidal, foxos escavados na rocha e restos de canalizacións. Destaca a presenza de máis de 400 fragmentos de moldes de fundición en barro, indicativos dunha produción especializada en obxectos metálicos de adorno persoal. Entre os materiais recuperados salientan útiles agrícolas, cerámica elaborada a man ou a torno lento con decoración de grande interese. Finalmente, convidouse a reflexionar sobre o estado de abandono do xacemento, o que supón un risco para a súa conservación e imposibilita que os visitantes poidan gozar deste elemento do noso patrimonio.