Arqueoloxía en monodose: "Aquae Querquennae: 50 anos de investigación"

Arqueoloxía en monodose: "Aquae Querquennae: 50 anos de investigación"

O luns 17, o director das escavacións de Aquae Querquenae, Santiago Ferrer Sierra, protagonizou a primeira conferencia do programa Arqueoloxía en Monodose, organizado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Na súa exposición, Santiago Ferrer relatou o desenvolvemento das escavacións neste campamento da II Cohorte da Legio VIII Gemina, levadas a cabo durante 50 anos, e revelou algunhas novidades, como os resultados das prospeccións mediante xeorradar e xeomagnética, que permitiron obter unha visión de conxunto da arquitectura do campamento, revelando elementos aínda por extraer. Entre os novos datos destaca a aparición dun edificio que podería ser a fabrica (os obradoiros) do campamento, así como a aparición de novos barracóns de tropa. Isto último leva a reconsiderar a tipoloxía asumida da unidade militar que residía alí, que pasaría de ser unha cohorte quinquagenaria equitata a unha cohorte milliaria, sen cabalería.