NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Brazal de arqueiro. Coto do Brigueiro (Carballeda de Avia)

Brazal de arqueiro. Coto do Brigueiro (Carballeda de Avia)

Abril 2020
-
Belén Lorenzo Rumbao
Brazal de arqueiro. Coto do Brigueiro (Carballeda de Avia)
Brazal de arqueiro. Coto do Brigueiro (Carballeda de Avia)

Esta peza é un exemplar dos coñecidos na historiografía arqueolóxica como «brazais de arqueiro». Ingresou no Museo en 1951, como doazón da Sociedade Arqueolóxica de Ribadavia. Trátase dunha pequena placa de lousa recortada, de morfoloxía rectangular, lixeiramente adelgazada no centro, cos ángulos redondeados, sección plana e superficie coidadosamente puída. Presenta unha perforación bicónica centrada en cada un dos lados menores.

Os brazais aparecen no rexistro arqueolóxico como elementos típicos dos enxovais funerarios. Sobre a función destas pezas xurdiu dende antigo un intenso debate que aínda se mantén, sendo a interpretación máis aceptada –e de aí o nome que tradicionalmente se lles deu– aquela que as entende como elementos de protección dos pulsos dos arqueiros ao dispararen as frechas, para evitaren que o impacto do retroceso da corda trala distensión do arco lles bata e dane o antebrazo. Outros autores propuxeron o seu uso como pulidores ou afiadores de obxectos metálicos, hipótese que algúns defenden na actualidade, preferindo a denominación de plaquetas perforadas para estes obxectos. Hai tamén quen lles otorga un uso máis ornamental que funcional suxerindo que serían fabricados especificamente para fins rituais ou funerarios.

Sexa cal sexa a súa enigmática función, o que en definitiva resulta innegable é que estamos ante obxectos de prestixio, cun alto valor simbólico, que funcionan como un sinal de rango e dignidade do defunto ante a comunidade presente no rito funerario.