Domingo Fontán Rodríguez é un home moi recoñecido pero pouco coñecido. Desde 2004 unha fundación leva o seu nome e terma exemplarmente da súa memoria. Naceu no lugar de Porta de Conde, ao pé de Caldas de Reis, en 1788 e era membro dunha familia de «no escasa fortuna». Estudou en Noia cun tío crego, logo en Santiago. Precoz e extraordinario estudante, finalizou as carreiras de Filosofía e Letras, Teoloxía e Matemáticas, en cuxa facultade, logo doutras ocupacións docentes, foi catedrático de Matemáticas Sublimes desde 1828.
Busca
En 1964 produciuse no castro da Muradella –próximo ao pobo de Mourazos (Verín)–, un achado sen precedentes na arqueoloxía ourensá: un grupo escultórico en mármore de época romana representando a Dionisio e Ampelos. Naquel momento Jesús Taboada Chivite tiña o cargo de delegado do Servizo Nacional de Escavacións Arqueolóxicas e, en consecuencia, realizou as xestións oportunas para proceder ao seu rápido ingreso no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que aconteceu nese mesmo ano.
O coñecido como Castro da Saceda ou A Cidá sitúase nun outeiro cónico no centro da penechaira conformada polas barbas da Serra do Larouco na súa caída cara o val do Támega, no concello de Cualedro (Ourense). O poboado configúrase arredor de tres recintos amurallados, dispostos en medias lúas defensivas xustapostas a modo de chanzos a diferente altura cara ao suroeste, sistema reforzado cun sistema de foxo-parapeto nas zonas de máis doado acceso. Este programa defensivo adáptase á topografía do outeiro para acadar un espazo habitable.
As dúas fotografías que presentamos corresponden a un dos espectáculos de José Piñeiro González “o aviador Piñeiro”, o primeiro home galego en pilotar un avión. Son copias de placas de cristal realizadas o 13 de xullo de 1913 en Ribadavia con motivo das festas e forman parte dunha extensa e variada colección, doada hai uns trinta anos por Pablo García Vázquez ao fotógrafo Fernando del Río e que hoxe forman parte dos fondos documentais do Museo.
A peza de novembro é o positivo (dun negativo de 35 mm) dunha vista da Cruz de Montealegre tomada por D. Xoaquín Lorenzo Fernández «Xocas» na década dos 50 do pasado século, posiblemente nunha excursión ao lugar compartida con Failde, Fariña, Tanco, López Cid e outros.
O ourensán castro de Trelle atópase situado entre os municipios de Toén, Cartelle, Barbadás e A Merca, próximo á parroquia de Santa María de Trelle. Preto atópanse os lugares das Labradas e do Val de Abelaira, con outros topónimos próximos como O Castro de Pereira, O Castro, Eiriñas dos Mouros, Pedra Furada, etc., polo que a zona é coñecida na literatura e polos paisanos como os Castros de Trelle.
A presente talla presidía o retablo da capela do pazo ou Casa Grande situada no barrio de Outeiro en Alongos (Toén, Ourense), coñecida despois como Casa de Saco por ter nacido nela o presbítero humanista Juan Antonio Saco y Arce (1812-1881), autor dunha abondosa obra poética e da que se considera a primeira gramática galega científica, publicada en 1868.
O achado deste fragmento de terra sigillata sudgálica produciuse na campaña arqueolóxica de 1988, dirixida por Xulio Rodríguez González, e corresponde á etapa alto-imperial dun poboado galaicorromano que coincide parcialmente no tempo coa ocupación do castro o dito poboado xorde grosso modo a mediados do século I d. C. e abandónase a mediados do século II d. C.
Na campaña de escavación do ano 1984, dirixida por Luís Orero Grandal, no castro Coto do Mosteiro foi documentada esta ola. O castro localízase no lugar do Mosteiro, parroquia de Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño. A súa fase de ocupación iniciase ao redor do século IV a. C, no momento da segunda Idade do Ferro, cando se produce o levantamento dos novos poboados fortificados, asentados nos vales, a media ladeira ou en outeiros, e rodeados de terras cun aproveitamento agrícola.
As moedas per se teñen propiedades protectoras que lle son conferidas tanto pola forma como pola materia na que están realizadas. A súa estrutura redondeada, en referencia ao círculo, convérteas nun símbolo defensor, presente en todas as culturas, pola crenza de que os espíritos malignos non podían penetrar nun obxecto redondo.
O autor deste retrato de Emilio Castelar y Ripoll (1832–1899) foi o fotógrafo catalán Agustín Capmany i Serra (1846–1914) que tiña o seu laboratorio en Barcelona –rúa Fernando VII, n.º 36– e, segundo La Vanguardia, abriu o seu taller o 20 de setembro de 1884 polo que esta fotografía de Castelar podería ser daqueles anos –non anterior a esa data– o cal é bastante consecuente coa idade do retratado.
A peza que presentamos –oito escudos de ouro de Carlos II, tamén coñecidos como onza ou dobróns de a oito–, apareceu no transcurso dos traballos arqueolóxicos realizados na parroquial de Santa Mariña, máis coñecida como Igrexa Vella, situada na zona antiga, na localidade de Xinzo de Limia.
A obra cume da literatura española é sen lugar a dúbida, El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha. Desde a súa primeira edición en Madrid (M. de Cuesta, en 1605, 312 fols.) unha infinidade incesante de edicións a sucederon. Cervantes publica esta obra –á que continuará a segunda parte, en 1615– rematando xa a súa vida, «xa cun pé no estribo», como lle escribe ao conde de Lemos na súa última carta. É pois unha obra de madurez.
As fusaiolas son pezas de diferentes materiais, de forma máis ou menos circular, aplanadas e cunha perforación central. Están claramente unidas á industria téxtil prehistórica, protohistórica e histórica. A abundancia de fusaiolas indica abundancia da actividade de fiar. Usábanse na parte inferior do fuso, para obter co seu peso unha rotación regular na fía manual. Así a función da peza era equilibrar o fuso (péndulo), manter a velocidade de rotación e soster o fiado.
O vaso cilíndrico que presentamos foi recuperado no xacemento de San Cibrao de Las, na campaña de escavación de 1982 dirixida por Bieito Pérez Outeiriño. Ten un tamaño medio, dunha forma lixeiramente troncocónica e cóncava. Isto débese a que o diámetro do bordo (20 cm aproximadamente) é algo maior que o da base (17 cm). O labio é exvasado, facetado cara ao interior, e non se diferencia do corpo polo exterior. Conserva unha asa de sección cilíndrica colocada a media altura, pero é probable que tivese unha segunda no lado oposto.
Esta peza apareceu durante o desenvolvemento do proxecto: Escavación arqueolóxica na rúa Sta. Mariña núm. 4-6 (Xinzo de Limia, Ourense), executado durante os meses de marzo e abril de 2016 por Manuel García Valdeiras.
A morfoloxía da peza, a súa estabilidade e o seu tamaño indícannos que estamos ante una peza de xogo e o material de importación fálanos dunha peza cara e exclusiva, o que nos leva a pensar nun xogo con pezas antropomorfas e de desfrute restrinxido a unha elite que se pode permitir materiais de importación.
O xacemento de Aquae Querquennae atópase na comarca da Baixa Limia, ocupando terras que pertencen a tres aldeas (Porto Quintela, Os Baños e Mugueimes) e dous concellos (Bande e Muíños).
Respecto á unidade que permaneceu aquí de gornición, a hipótese actual apunta a un continxente de tropas dependente da legio VII Gemina acantonada en León composta por tropas de infantaría e de cabalaría cuxos efectivos ascenderían a 500 soldados.
A palabra latina fibula define un obxecto metálico que serve para unir dúas pezas dun tecido o suficientemente brando como para que poida penetrar unha agulla aseguradora. O tipo xeral de fíbulas nas que aparecen representadas figuras de animais, foron clasificadas por Michel Feugère como 29a e, dentro destas, a peza que presentamos corresponde á variante 23. É un galináceo ou pavón, de pé á dereita, na que se diferencian con claridade todos os riscos anatómicos.
Os frascos para pólvora foron parte do equipo dos tiradores cando menos durante trescentos anos ata a popularización das armas de cartucho metálico, na década entre 1860 e 1870. Empregábase habitualmente un corno de vacún. Descoñécese o porqué da preferencia por este material orgánico con prioridade sobre outros.