NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Ola. Castro Coto do Mosteiro

Ola. Castro Coto do Mosteiro

Maio 2018
-
Purificación Rodríguez García
Ola. Castro Coto do Mosteiro
Ola. Castro Coto do Mosteiro

Na campaña de escavación do ano 1984, dirixida por Luís Orero Grandal, no castro Coto do Mosteiro foi documentada esta ola. O castro localízase no lugar do Mosteiro, parroquia de Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño. A súa fase de ocupación iniciase ao redor do século IV a. C, no momento da segunda Idade do Ferro, cando se produce o levantamento dos novos poboados fortificados, asentados nos vales, a media ladeira ou en outeiros, e rodeados de terras cun aproveitamento agrícola. Esta localización orixina a construción de importantes sistemas defensivos de murallas, foxos e parapetos, ás veces de grande altura e monumentalidade. E será no Ferro final, sobre o século I d. C, cando remate a ocupación de Mosteiro.

A peza obxecto de comentario recuperouse, en oito fragmentos, na primeira campaña de escavación. A ola é modelada á man, de forma globular e de medianas dimensións (11 cm x 18 cm) e co bordo lixeiramente exvasado. Na ombreira está decorada con tres liñas paralelas incisas, as dúas superiores enmarcan unha franxa decorada con tres círculos estampados e acompañados de dúas filas cun punteado; debaixo, no comezo da barriga, están os abanos recheos de pequenas liñas impresas de punteado e rematados nos extremos con dous círculos e no vértice con tres círculos estampados. A decoración dos motivos en abano e as súas distintas variedades e combinacións é a máis característica do Coto do Mosteiro, testificada polos numerosos exemplares atopados.