NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Sementes. Castro de Trelle

Sementes. Castro de Trelle

Outubro 2018
-
Vicente Rodríguez Gracia
Sementes. Castro de Trelle
Sementes. Castro de Trelle

O ourensán castro de Trelle atópase situado entre os municipios de Toén, Cartelle, Barbadás e A Merca, próximo á parroquia de Santa María de Trelle. Preto atópanse os lugares das Labradas e do Val de Abelaira, con outros topónimos próximos como O Castro de Pereira, O Castro, Eiriñas dos Mouros, Pedra Furada, etc., polo que a zona é coñecida na literatura e polos paisanos como os Castros de Trelle.

O Castro sufriu variados avatares, pero nunca foi escavado cientificamente. Antes de 1970 temos noticias dun espolio clandestino. En 1972 entregamos no MAPOu numerosos fragmentos cerámicos recolleitos en superficie e ese mesmo ano un garda forestal depositou os fragmentos dunha ola globular castrexa. En 1978 publicamos no BAur. uns materiais achados en superficie (1971) nos vertedoiros da pista forestal que ascende ao castro (unha afiadoira, unha fusaiola, anacos de cerámica e unha fíbula de bronce, así como grans de cereal –trigo–) (1972).En 2017 dóanse ao MAPOu catro anacos cerámicos, correspondentes a dúas vasillas, e uns grans de trigo daquel lote. Os grans de trigo (ao redor de medio centenar) apareceron calcinados, soltos, e incluídos nunha masa arxilosa, xunto a carbóns vexetais e anacos de cerámica castrexa, lisa (…) «entre as raíces dun piñeiro caido». «Parte dos grans de trigo (foron) cedidos para o seu estudo ao Prof. Vázquez Varela (Dr. de Prehistoria da Universidade de Santiago)».