NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Vidro con inscrición. Campamento de Aquae Querquennae

Vidro con inscrición. Campamento de Aquae Querquennae

Abril 2019
-
Tomás Vega Avelaira
Vidro con inscrición. Campamento de Aquae Querquennae
Vidro con inscrición. Campamento de Aquae Querquennae

O xacemento de Aquae Querquennae atópase na comarca da Baixa Limia, ocupando terras que pertencen a tres aldeas (Porto Quintela, Os Baños e Mugueimes) e dous concellos (Bande e Muíños).

Respecto á unidade que permaneceu aquí de gornición, a hipótese actual apunta a un continxente de tropas dependente da legio VII Gemina acantonada en León composta por tropas de infantaría e de cabalaría cuxos efectivos ascenderían a 500 soldados.

Na veciñanza do campamento constatouse a presenza dun asentamento civil (vicus) formado por esposas e fillos dos soldados, mercadores, artesáns, etc. Tanto as instalacións militares coma as civís situáronse nas inmediacións da Vía XVIII do Itinerario de Antonino que unía as localidades de Braga e Astorga. A calzada e o campamento datan dos primeiros momentos da dinastía flavia.

Este fragmento de vidro atopouse nun nivel superficial na campaña de escavacións arqueolóxicas levadas a cabo no ano 1988. A peza identifícase co fondo dunha botella cun corpo de sección cadrada que debeu contar cunha asa para a súa suxeición. Na súa cara externa figura unha inscrición coas letras CRF, poderían estar vencelladas a un artesán chamado Caius Rufus. Dende o punto de vista formal, pertence ao tipo 50b da tipoloxía establecida por C. Isings.