A conferencia “Evolución arquitectónica do edificio do Museo Arqueolóxico”, impartida por Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz, pechou o ciclo Arqueoloxía en Monodosis 2025, agradecemos a gran acollida do ciclo. Lembramos tamén que pronto comezará o Ciclo de Cine Arqueolóxico no Cineclube Padre Feijoo.
Novas
Aviso importante
O sábado 22 de novembro de 2025 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 14 horas.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
O profesor Carrera explicou que os dólmenes funcionaban como auténticos marcadores do territorio, espazos complexos cun simbolismo que se intensifica cando as súas lousas están decoradas. A arte parietal, xa sexa gravado ou pintado, transmite un mensaxe ancestral de gran valor patrimonial.
Aviso importante
O martes 18 de novembro de 2025 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) permanecerá pechada todo o día.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
José María Eguileta abordou a evolución dos enterramentos romanos en Ourense, centrando a atención nas tumbas tardorromanas atopadas na cidade. Explicou que, aínda que a Lei das XII Táboas prohibía enterrar ou incinerar dentro das urbes, esta norma foi quedando obsoleta, o que xustifica a presenza de sepulturas no espazo urbano ourensán.
Luís Orero presentou os achados arqueolóxicos realizados nas obras do colexio das Josefinas e no Xardín do Posío, dous espazos clave para comprender a historia romana e medieval de Ourense.
A sesión presentou o documental producido por Illa Bufarda SCG que acompaña a investigacións de María Martín Seijo, Pepas Rey e Tito Ledo, acerca da tecnoloxía desenvolvida na Idade do Ferro en cerámica a partir de modelos de madeira. Un exemplo de como o audiovisual pode democratizar o coñecemento e poñer en valor o traballo científico e artesanal.
O Museu de Arqueoloxía D. Diogo de Sousa organiza as xornadas “Nortear a Cerâmica” os días 30 e 31 de outubro en Braga.
As Xornadas “Nortear a Cerâmica”, na súa primeira edición, reúnen a especialistas en distintas áreas do coñecemento, cuxo enfoque principal se centra nas coleccións de cerámica existentes en institucións museísticas e centros interpretativos situados na rexión Norte de Portugal, contribuíndo ao coñecemento, conservación e valorización do patrimonio cerámico portugués.