Novas

Aviso importante

O sábado 24 de xaneiro de 2026 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 15 horas. O domingo 25 permanecerá pechada todo o día.

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición “Arte Prerrománico en Ourense”, unha mostra do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comisariada por Avelino Rodríguez.

Este mes de novembro, no marco dos eventos de conmemoración polo 55 aniversario do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao, o MAPOU colaborou co claustro do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova para trasladar ao alumnado deste a importancia do seu patrimonio e para que poidan coñecelo de primeira man.

O pasado día 19 de novembro o MAPOU, en colaboración co IES Celso Emilio Ferreiro e o Concello de Celanova, celebrou os 55 anos do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao.
 

A conferencia “Evolución arquitectónica do edificio do Museo Arqueolóxico”, impartida por Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz, pechou o ciclo Arqueoloxía en Monodosis 2025, agradecemos a gran acollida do ciclo. Lembramos tamén que pronto comezará o Ciclo de Cine Arqueolóxico no Cineclube Padre Feijoo.
 

Aviso importante

O sábado 22 de novembro de 2025 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 14 horas.

 

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.

O profesor Carrera explicou que os dólmenes funcionaban como auténticos marcadores do territorio, espazos complexos cun simbolismo que se intensifica cando as súas lousas están decoradas. A arte parietal, xa sexa gravado ou pintado, transmite un mensaxe ancestral de gran valor patrimonial.

Aviso importante

O martes 18 de novembro de 2025 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) permanecerá pechada todo o día.

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.