No ano 1924, Benito Saburido, no lugar de Albariño atopou de forma casual a coñecida como arracada de Vilar de Santos. Foi dada a coñecer en 1939 por Florentino López Cuevillas e dende 1978 forma parte da colección deste museo. Con motivo do centenario deste achado o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense xunto co Museo da Limia organiza unha exposición pública da arracada os días 20 e 21 de decembro no Museo da Limia en Vilar de Santos, e unha xornada cunha serie de intervencións que contextualizan o ben, o venres, 20 de decembro ás 18.00 h, no salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos.
Máis información sobre a arracada