Este mes de novembro, invitámoste a descubrir e explorar o apaixonante mundo da historia e da arqueoloxía no noso Ciclo de Conferencias de Outono. Este evento terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel (aula do segundo andar) os días 6, 15 e 28 de novembro ás 19:30 h, entrada libre ata completar capacidade.
📅 Datas:
-
6 de novembro: «Escavar en Palestina é máis que arqueoloxía. O proxecto da UDC en Cisxordania» por Juan Luis Montero Fenollós.
-
15 de novembro: «O grupo neandertal da Cueva del Sidrón. Asturias» por Marco de la Rasilla Vives.
-
28 de novembro: «E ti que pintas aquí? A Pintura rupestre esquemática e o seu lugar na paisaxe» por Beatriz Comendador Rey.