NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Cine de verán no Museo: Curtas Nacionais do FICBUEU 2017

Cine de verán no Museo: Curtas Nacionais do FICBUEU 2017

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 29 de agosto as CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA NACIONAL FICBUEU 2017 (91 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

 

LENI K

Alberto Taibo (España, 2015) 19 min.

Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017.

“Leni K.” é unha “home movie” gravada pola fotógrafa e cineasta alemá Leni Kastell durante a súa estadía de cinco meses na casa dos seus cuñados en Tierra de Campos, durante o ano 1945.

TIMECODE

Juanjo Giménez Peña (España, 2017) 15 min.

Nomeado á Mellor Curta de Ficción nos Oscar, Palma de Ouro á Mellor curta Festival de Cannes e Mellor Curta de Ficción nos Goya. Premio do Público no FICBUEU 2017.

Luna é unha vixiante de seguridade que traballa no aparcadoiro dunhas oficinas. Cansa do seu traballo e do seu xefe, turnase con Diego, a quen apenas ve uns segundos ao día. A partir dun curioso achado, Luna descubrirá unha maneira de comunicarse co seu compañeiro.

LA DISCO RESPLANDECE

Chema García Ibarra (España-Turquia, 2016) 12 min.

Mención Especial no Festival de San Sebastián. Gran Premio do Xurado Semana de Cine de Medina del Campo. Mellor Curta Española no FICBUEU 2017.

Un sábado en abril. Vai bo tempo. A sombra da montaña crece mentres cae a tarde. Cinco nenos preparan a noite: teñen alcol, coche e música. Dá igual que a discoteca leve anos pechada.

NÉBOA

Claudia Costafreda (España, 2017) 18 min.

Mellor Curta Iberoamericana no Festival de Huesca. Mellor Curta Galega no FICBUEU 2017.

Telma, unha muller de 50 anos, regresa a Galicia coa intención de devolver a Desiderio, o can que herdou hai dous meses, logo da morte do seu pai. Para ela acabará sendo unha viaxe de encontro coas orixes nas que terá que superar e afrontar un conflito latente que a mantivo lonxe da súa terra e, sobre todo, do seu pai.

DECORADO

Alberto Vázquez Rico (España,2016) 11 min.

Goya Mellor Curta Animada e Mellor Curta Internacional de Animación no Festival Internacional de Vila do Conde. Participación na Quincena de Realizadores de Cannes 2016.

O deterioro dunha relación e a forma en que isto afecta ao mundo que os rodea.

 23 DE MAYO

David Martín de los Santos (España,2016) 16 min.

Mención Especial do Xurado no Festival de Cine Español de Málaga. Mellor Película Documental no Festival de Medina del Campo

As voces de dúas mulleres e os vestixios dunha casa detida no tempo rescatan a memoria dos que viviron alí.