O lema deste ano no día Internacional da Muller, “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible“, inspirounos para amosar esta estampa de Virxilio, pertencente ás coleccións do Museo, na que aparecen tres xeracións de mulleres galegas ofrecendo o producto do seu traballo. Esta imaxe tradicional lévanos a apreciar un dos piares fundamentais da Galicia de hoxendía: a sostenibilidade e extraordinaria calidade dos productos da terra e do mar galegos. Bens que hoxe consumimos nos fogares e tamén se comercializan a través da hostalería ou empresas exportadoras, onde as mulleres ocupan cada vez máis postos de dirección ou xestión, en igualdade cos homes.
Existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático; por iso, é fundamental recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fora do noso alcance.
As mulleres soportan máis a carga e os efectos da crise climática, por iso é esencial que participen na mitigación e a adaptación climática. Sen a inclusión da mitade da poboación mundial, é pouco probable que se fagan realidade as solucións que nos acheguen .un planeta sostible e un mundo con igualdade de xénero.