Día Internacional dos Museos 2016

Día Internacional dos Museos 2016

ACTIVIDADES NO MES DE MAIO NO MUSEO CON MOTIVO DO DIM

 

Saídas culturais a espazos que conforman as paisaxes culturais da nosa provincia

Gratuitas. É necesario anotarse a estas visitas, as prazas son limitadas.

Teléfono: 988788439 / correo electrónico: mapour@xunta.es

- 7 maio, sábado: Saída cultural ao Parque Arqueolóxico de San Cibrao de Las

Dirixida por guías do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las

Traslado en autobús dende Parque San Lázaro fronte á Subdelegación do Goberno

Hora saída: 10.30 h / Hora de chegada a Ourense: 14.00 h

- 14 maio, sábado: Saída cultural ao Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Dirixida por Xulio Rodríguez González e Manuel Xusto Rodríguez. Director e Arqueólogo do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Hora: 10.30 h (colexio Mende, subida a pé pola calzada. Distancia 1,5 km)

Hora comezo da visita: 11.00 h na caseta de Santomé

- 21 maio, sábado: Saída cultural á igrexa e palacio da Encomenda de San Xoán de Xerusalén en Beade

Dirixida por Yolanda Barriocanal López. Prof. Titular. Facultade de Historia Universidade de Vigo

Traslado en autobús dende Parque San Lázaro fronte á Subdelegación do Goberno

Hora saída: 10.30 h / Hora de chegada a Ourense: 14:00 h

- 28 maio, sábado: Saída cultural a Castromao

Dirixida por Luís Orero Grandal. Arqueólogo

Traslado en autobús dende Parque San Lázaro fronte á Subdelegación do Goberno

Hora saída: 10.30 h / Hora de chegada a Ourense: 14:00 h

 

Obradoiros didácticos para nenos/as

Museos e paisaxes culturais: as torres medievais da Limia

Realizado por Xeitura. 18, 19 e 20 de maio

Lugar: Praza Maior, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

 

Concerto

Mr. Cool & Felipe Castro

18 de maio, DIM 2016. 21.00 h. Claustro do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Entrada libre ata completar prazas