A Xunta de Galicia, a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, presenta a mostra «Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural» coa finalidade de achegar o importante legado que alberga este espazo. A escasos tres quilómetros do centro urbano atópase Santomé, un complexo arqueolóxico, imprescindible para coñecer unha parte fundamental do pasado da cidade. Nel concorren os valores históricos (característicos dun complexo xacemento arqueolóxico) cos naturais, derivados dunha contorna que non só conserva unha vexetación peculiar senón que goza dun emprazamento privilexiado, con impresionantes vistas sobre a cidade.
Sala de Exposicións Afundación en Ourense (Praza Maior, 4) do 20 de novembro ao 8 de marzo.
OBRADOIROS PARA ESCOLARES
• Un bosque moi animado. Visita/obradoiro de infantil a 3º de primaria
• Unha de castrexos e outra de romanos. Visita/obradoiro de 4º de primaria a 2º de ESO
• Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural. Visita/obradoiro para 3º e 4º de ESO, bacharelato e CF
Prezo: Gratuíto (Patrocinado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense)
Sala de Exposicións Afundación Ourense | Praza Maior, 4
areaeducativaourense@afundacion.org | 988 391 746