Presentación da Peza do mes

Presentación da Peza do mes

O mércores 11 de decembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de decembro de 2019: “MÁSCARAS DE TEATRO DE BASALLO E QUESSADA” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

Asistirán actores e actrices da Agrupación de Teatro Histrión-70 como Marisa Calvo (Premio Nacional de Interpretación) ou Manuel Núñez, así como o autor das máscaras, o escultor Ignacio Basallo.

A explicación correrá a cargo de Mª del Pilar Núñez Sánchez.

Entrada libre.