Visitas guiadas á Sala de Escultura

Visitas guiadas á Sala de Escultura

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, continuando o seu obxectivo de divulgar o Patrimonio Cultural da provincia e de conectar coa sociedade, pon ao servizo da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral, desde o 17 de outubro de 2013 ata o 26 de xuño de 2014, todos os xoves de cada semana, visitas guiadas gratuítas á Sala de Escultura de San Francisco (Ourense).

Visitas guiadas a grupos

Os xoves de 11:00h a 12:00h e de 12:30h a 13:30h

Grupos reducidos

Inscribídevos: teléfonos 988 223 884 e 988 230 430 ou enviádenos un correo a mapour@xunta.es