Cabaleiro orante de Francisco de Moure

Cabaleiro orante de Francisco de Moure

Esta escultura de madeira é de hai 400 anos.

 

A escultura é a imaxe do Comendador

Fernando Manuel de Ludueña.

Naquela época

o Comendador gobernaba a zona do pobo de Beade

na provincia de Ourense.

 

O Comendador encargou esta escultura

ao famoso escultor Francisco de Moure.

O Comendador quería poñer esta escultura na súa tumba.

A tumba do Comendador

ía estar na igrexa de Beade cerca do altar maior.

 

Francisco de Moure fixo a escultura do Comendador

a tamaño natural.

Isto significa,

que a escultura tiña o tamaño real do Comendador.

 

A escultura do Comendador leva unha armadura

cunha estrela de 8 puntas.

Esta estrela é a imaxe da Orde de Malta.

A Orde de Malta é un grupo relixioso cristiá

que naceu en Xerusalén hai mil anos.

O Comendador formaba parte da Orde de Malta.

 

A escultura

ten o xeonllo dereito sobre unha almofada pequena

e a perna esquerda diante do corpo.

Está golpeándose o peito coa man dereita

pedindo perdón polos seus pecados.

 

A escultura do Comendador é moi realista.

Podemos ver moi ben moitos detalles da escultura:

• os rizos do pelo

• as engurras da cara

• a barba

• un adorno de tea dobrada no pescozo

• o brillo e dureza do metal da armadura.

• unha espada atada á cintura

• os guantes das mans

• e as botas con puntas.

 

Francisco de Moure construíu a escultura con varias pezas

unidas por cravos de ferro.

A cabeza, o corpo e parte da perna dereita

son unha peza.

Os brazos e a perna esquerda son pezas diferentes.

 

A escultura é de madeira

e non ten cores.

 

Os investigadores pensan que escultura non ten cores

porque o escultor quería transmitir con máis forza

que o Comendador era un militar e un home relixioso.

Anexo Tamaño
Cabaleiro orante de Francisco de Moure 861.36 KB