Esta escultura chámase Dionisos e Ampelos.
Dionisos é o deus grego do viño
e Ampelos é un home con patas e orellas de cabra.
Dionisos está bébedo e apoiase en Ampelos.
Dionisos e Ampelos non teñen roupa.
Dionisos e Ampelos son 2 personaxes da mitoloxía.
A mitoloxía son historias sobre deuses e heroes.
Esta escultura apareceu na parroquia de Mourazos
no concello de Verín.
O concello de Verín está na provincia de Ourense.
É una escultura de hai 2 mil anos.
A escultura estaba nun patio dunha vila romana.
Unha vila romana era unha casa de campo grande
dunha persoa con moitas terras e moito poder.
As vilas romanas tiñan un patio interior.
O patio interior dunha vila romana
estaba decorado con bonitos xardíns,
esculturas e fontes.
O edificio da vila romana de Mourazos xa non existe
pero apareceron cachos doutras esculturas.
Esta escultura está feita de mármore
da illa grega de Paros.
O mármore de Paros
era un mármore moi valorado naquela época.
É un mármore moi branco.
Vemos diferentes cores cando o mármore recibe luz.
O mármore de Paros utilizouse na antigüidade
para facer edificios e esculturas moi importantes.
O dono romano da vila de Mourazos
comprou ou encargou esta escultura en Grecia.
Por iso sabemos,
que o dono da vila
era unha persoa con moitos cartos e poder.
O dono da vila mandaba nestas terras
en nome dos gobernantes de Roma.
A escultura está moi danada
pero era unha escultura moi fermosa.