Estatua menhir

Estatua menhir

Esta figura é unha estatua da Idade do Bronce.

A Idade do Bronce é unha parte da prehistoria.

A Idade do Bronce foi hai 4 mil anos.

Na Idade do Bronce as persoas comezan a fundir metais

para facer utensilios, ferramentas e armas.

 

Esta figura é una estatua menhir

Un menhir é un monumento sinxelo de pedra

colocado sobre o chan.

A figura tamén é unha estatua

porque representa unha persoa.

 

Os menhires estaban colocados sobre o chan

nunha parte de terreo un pouco alto.

Dende o lugar onde se colocaban

podías ver o territorio ao largo e ancho.

 

A estatua menhir está feita de granito

que é un tipo de pedra moi dura.

 

A estatua menhir

é unha representación sinxela dunha persoa.

Podes ver o corpo, a cabeza

e os brazos pegados ao corpo.

A figura ten un machado plana no lado esquerdo.

Parece que a figura leva o machado na man.

 

A estatua menhir mostra

o poder da persoa que representa.

 

Esta estatua menhir

tamén tiña outra función que non sabemos.

Os investigadores din que as persoas desa época

podían utilizar a estatua en cerimonias relixiosas.

Tamén din que as persoas podían usar a estatua

para separar territorios

ou para sinalar algún lugar importante.

 

Esta estatua menhir

estaba nun muro dunha finca dun pobo de Ourense.

O muro daba a un camiño.

 

Os habitantes desta zona de Ourense

pensan que a estatua é unha pedra protectora.

Os habitantes pensan

que as vacas preñadas que se frotaban na estatua

ían a ter un bo parto.

 

Despois de máis de 4 mil anos

as persoas seguen pensando que esta estatua menhir

é unha pedra protectora.

A estatua séguenos emocionando.

Anexo Tamaño
Estatua menhir 636.99 KB