NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Martes, día 2 da #MuseumWeek: #CulturaEnCuarentenaMW

Martes, día 2 da #MuseumWeek: #CulturaEnCuarentenaMW

#aculturasegue

Segunda xornada da #MuseumWeek que recorda que a pesares de estar na casa, o persoal de Cultura segue a traballar no noso Patrimonio de xeito on line.

Agardamos que esta situación de confinamento remate pronto e ben, e para elo hoxe achegamos unha peza que os romanos empregaban como amuleto para que os deuses lle foran propicios: a “bulla”. Neste caso amosamos a que se atopou no Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé e que foi datada no século I. Está realizada en bronce en forma de colgante conformado por un apéndice superior en forma de aro para suspensión e unha pequena cápsula circular co interior oco. Esa cápsula, formada por dous discos con umbo ou valvas cos bordos decorados con triángulos, péchase mediante un cravo. Normalmente contiña no seu interior un amuleto ou substancias aromáticas, e tiña unha función apotropaica ou de protección. Era portada polos nenos dende os seus primeiros días de vida ata que tomaban a toga viril e polo tanto pasaban a ser adultos. Nese momento, ofrecíanlle a “bulla” aos deuses Lares.