O 12 de maio celébrase o Día Internacional da Enfermería. Este ano a celebración é máis especial se cabe, xa que a Organización Mundial da Saúde declarou o 2020 como o Ano Internacional da Enfermeira e a Matrona. Dende o Museo Arqueolóxico, queremos expresar o noso recoñecemento a esas mulleres e homes que con gran profesionalidade e dedicación velan pola nosa saúde e presentamos un exemplo das pezas -de moi diferentes épocas-, que, relacionadas coa sanidade, albergan as coleccións do Museo.
A fotografía amosa un obxecto realizado en bronce con restos de baño de prata, procedente das escavacións realizadas no Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé que corresponde a un utensilio médico-cirúrxico de época romana.
Máis información na Peza do mes de maio de 2007