NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Tábula de hospitalidade

Tábula de hospitalidade

A tábula de hospitalidade é unha placa de

bronce cun marco e unha asa para poder colgala.

Esta tábula apareceu no castro de Castromao.

O castro de Castromao está no concello de

Celanova da provincia de Ourense.

 

Os castros son aldeas de casas de pedra

con tellados de palla.

Os castros están rodeados

por unha o varias murallas de pedra.

 

Os coelernos eran un pobo

que vivía no castro de Castromao

antes de que chegaran os romanos.

 

A tábula de hospitalidade está escrita en latín

que é a lingua dos romanos.

 

A tábula é do ano 132.

Neste ano,

os romanos xa conquistaran case toda España.

 

A tábula é un acordo de amizade para sempre

entre o exército romano e os coelernos.

 

A tábula é un documento legal

que se colocaba nun edificio público

para que todo o mundo o vira.

 

A tábula de hospitalidade é un acordo pouco común.

A maioría das veces

os romanos obrigaban aos pobos que conquistaban

a firmar acordos de obediencia.

 

En Castromao, tamén apareceron moedas

e outras pezas de diferentes materiais:

•cerámica

•vidro

•bronce

•e granito.

 

A tábula de hospitalidade recórdanos que os romanos

cambiaron a forma de vida dos pobos que conquistaron.

Neste caso,

os romanos cambiaron a forma de vida dos coelernos

que vivían en Castromao.

Anexo Tamaño
Tábula de hospitalidade (1.13 MB) 1.13 MB