ONCE PUNTAS DE FRECHA DO TÚMULO M5 DE OUTEIRO DE CAVALADRE (MUÍÑOS, OURENSE)
Punta de frecha
O Outeiro de Cavaladre, lugar situado no val de Salas, acolle unha necrópole formada por catorce monumentos megalíticos.
No monumento, entre outros materiais, destacamos as once puntas de frecha que descubrimos durante a escavación. Nesta Peza do mes estudiamos as características deste destacado grupo de artefactos que formaba parte da ofrenda funeraria, ben como enxoval, ben como parte dunha ofrenda fundacional.