Conxunto de materiais. Castro da Saceda
O Castro da Saceda sitúase aos pés da Serra do Larouco, a escasos 500 metros da pequena poboación do mesmo nome, no concello de Cualedro (Ourense).
Na peza do mes realizase o estudio dunha punta Palmela, unha doa oculada e un alfinete ou agulla, todos eles obxectos de prestixio recollidos no castro. A existencia dunha gran cantidade deste tipo de obxectos e a súa forma de deposición poderían estar apuntando a «depósitos especiais de carácter ritual». Esta é a característica do conxunto de materiais aquí presentados ao tratarse de obxectos singulares, de difícil acceso e variada cronoloxía, sendo localizados todos eles ademais nun mesmo estrato e no contexto dun espazo simbólico concreto como é a porta de acceso ao poboado.