Cruz procesional renacentista
Cruz procesional renacentista
Esta cruz procesional, realizada en bronce na segunda metade do século XVI, estaba destinada a cubrir as necesidades cotiás do culto divino dunha freguesía que descoñecemos. Segue o tipo máis característico do Renacemento, en forma de cruz latina de brazos lixeiramente abalaustrados e decoración a candelieri. Ingresou no museo a través da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense.