NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

A ofrenda fundacional do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)

A ofrenda fundacional do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)

Outubro 2016
-
Jose María Eguileta Franco
A ofrenda fundacional do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)
A ofrenda fundacional do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre (Muíños, Ourense)

A necrópole megalítica «Outeiro de Cavaladre» localízase nas terras centrais do val do Salas, concello de Muíños e provincia de Ourense. Estes catorce monumentos forman parte dun nutrido conxunto de sartegos megalíticos erixidos moi cerca do leito do río. Non lonxe de Outeiro de Cavaladre esténdense as de «Veiga de Maus de Salas» e «Veiga de Requiás», que superan o medio centenar de monumentos se temos en conta os que poden permanecer somerxidos baixo as augas do encoro ou outros emprazamentos illados que comunican o val cos cumios e divisorias de augas próximas. A maioría foron descubertos no decurso das prospeccións arqueolóxicas paralelas ás escavacións dentro do proxecto de investigación «O concello de Muíños e o seu marco arqueoxeográfico» (1989-1994).

En canto ás pezas arqueolóxicas atopadas no decurso da escavación, salientamos dous micrólitos (un trapecio asimétrico e un segmento de círculo ancho), unha lasca microlítica isósceles con vértice redondeado, once puntas de frecha de seixo e base triangular, varias lascas de cuarcita, de sílex e seixo, un machado puído, un disco lítico, un coio aplanado (posible idoliforme) e un fragmento de prisma, aparentemente cunha incisión.

Mais o interese do grupo de pezas seleccionado, os dous recipientes cerámicos 128a e 128b e a punta de frecha 128c, radica no seu potencial significado de ofrenda fundacional dun monumento ao que pola súa tipoloxía, unha pequeña cista rectangular, se lle ven atribuíndo a función de inhumación individual.