NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Tenaces para extraccións dentais. Campamento de Aquae Querquennae

Tenaces para extraccións dentais. Campamento de Aquae Querquennae

Abril 2016
-
Tomás Vega Avelaira
Tenaces para extraccións dentais. Campamento de Aquae Querquennae
Tenaces para extraccións dentais. Campamento de Aquae Querquennae

O campamento de Aquae Querquennae atópase no NW da antiga Hispania, concretamente na actual provincia de Ourense, dentro da comarca da Baixa Limia. O recinto identifícase cun forte permanente (castra stativa) de planta rectangular que estivo ocupado pola Cohors III: unha unidade militar dependente da Legio VII Gemina que tiña o seu acuartelamento na cidade de León.

Este enclave militar atópase nas inmediacións da Vía XVIII do Itinerario de Antonino que unía as localidades de Braga-Bracara Augusta e Astorga-Asturica Augusta, capitais de senllos conventos xurídicos, seguindo o percorrido máis curto que cruzaba a provincia de Ourense en sentido SW-NE.

As pezas procedentes das escavacións arqueolóxicas inclúen moedas, armamento, pezas de artillaría, ferramentas, instrumental médico-cirúrxico, obxectos topográficos, elementos de equipamento persoal, etc., similares aos recuperados noutros xacementos militares ao longo de todo o Imperio Romano.

Entre o material médico-cirúrxico pódese incluír unha folla de tesoira de flexión simple (forceps), un anaco dunhas pinzas (vulsella) para a extracción de pequenos elementos (pelos e similares), unha parte dun bisturí (scalpellum) empregado nas diseccións anatómicas, unha navalla (navacula), unha culleriña dosificadora (ligula) ou unhas tenaces (forceps, rhizagra) para efectuar extraccións dentais. Tamén se pode engadir a esta relación algún coitelo (culter), xa que nesta época para moitos investigadores non existen diferenzas entre o tipo de uso doméstico e aquel con finalidade cirúrxica.