A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, participa nunha iniciativa promovida pola Rede Dixital de Museos de España, a exposición en liña Mulleres ante a adversidade: Tempos e contratempos
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, os Museos Estatais abren as súas portas gratuitamente a todas as mulleres. Organízanse eventos nos que os visitantes poden coñecer datos de gran interés sobre mulleres de diferentes culturas e visualizar o papel que desempeñaban en épocas diversas.
Asimismo, no marco da iniciativa Patrimonio en Femenino, publícase o proxecto Mulleres ante a adversidade: tempos e contratempos, un catálogo en liña destinado a analizar o papel das mulleres en períodos de tránsito, transformación o conflicto dende unha óptica múltiple: no social, no ámbito da economía, en etapas de transformacións políticas e no mundo privado. O catálogo ten como obxectivo destacar o papel da muller nestas etapas de cambio en diferentes culturas e sociedades. Na edición deste ano, contextualízanse en torno a este discurso un total de 94 bens culturais procedentes de 36 museos de distintas tipoloxías e titularidades.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa na exposición nos apartados de Subsistencia e supervivencia e En clave personal, cunha Medalla da raíña Isabel II, que, con motivo da Guerra de África, implícase de xeito persoal máis alá do seu deber de estado, ata o punto de ofrecer o seu propio patrimonio. A outra peza do museo é un óleo de Ramón Parada Justel: O ocaso, que representa a unha anciá pedindo esmola na porta sur da Catedral ourensá, como expoñente e alegoría do ocaso da vida. Nesta obra, encadrable dentro da pintura de realismo social -característica de finais do século XIX- Parada Justel une á condición de muller, a pobreza e a vellez.