Patrimonio en femenino. Eros y Anteros: Visiones sobre la sexualidad femenina

Patrimonio en femenino. Eros y Anteros: Visiones sobre la sexualidad femenina

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa na exposición en liña Eros y Anteros: Visiones sobre la sexualidad femenina, da quinta edición de Patrimonio en Femenino, no marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

A exposición acompañase dunha publicación electrónica que nos aproxima, a través de oito artigos realizados por diversos especialistas, a un maior coñecemento da sexualidade feminina. En primero lugar, dende unha perspectiva histórica, xa que se inclúen reflexións sobre as mulleres e a súa sexualidade en etapas como a prehistoria, a antigüidade clásica ou a España contemporánea, pero tamén ofrece artigos sobre a muller na adolescencia ou na súa madurez. Por último, a publicación recolle, igualmente, unha visión sobre o uso e abuso do corpo feminino como reclamo publicitario e nos achega, a través de outro artigo, á realidade da prostitución feminina na actualidade no noso país.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa con dúas das súas pezas: o Camafeo de imitación das Burgas ou da Casa dos Fornos e co cadro Negrita abanicándose de Ramón Parada Justel.

Acceso ao catálogo