NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Arturo Vázquez Núñez

Arturo Vázquez Núñez

Naceu en Ourense o 15 de novembro de 1852, cidade na que morreu o 2 de marzo de 1907. Estudou no Instituto ourensán, onde recibiú o grado de bachiller en 1868, e cursou tres anos de Mediciña en Santiago. Pasou logo a Madrid, onde estivo no Ministerio de Gracia e Justicia de 1872 a 1877, en que volve a Ourense e trabilla na Tesoureiria de Facenda ata 1884.

Escritor que na súa mocidade cultivou a poesía festiva con colaboracións en “O Tío Marcos da Portela”. Exerceu tamén de xornalista, colaborando en moi diversas publicacións tanto galegas como madrileñas (El Diablo mundo; El Mundo Cómico, El Imparcial). Publicou varios libros de texto sobre gramática francesa, materia da que foi profesor no Instituto (1887-91) e na Escola de Artes e Oficios de Orense (1891-95).

Posteriormente dedicou a súa atención aos estudios de historia e arqueología, ficando como testemuña ademais de libros e folletos, os moi numerosos estudos publicados no Boletín da Comisión. Foi socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1899), Correspondente da Real Academia Galega, foi nombrado correspondente da Real Academia de la Historia en 13 de xaneiro de 1896, e tomou posesión como vocal da Comisión en 17 de maio 1896. Dende entón foi alma e animador do Museo Provincial nos seus primeiros anos como lle reconoceron os seus propios compañeiros con ocasión do traslado dende o edificio da Deputación provincial ao Centro provincial de Enseñanza (o actual IES. Otero Pedrayo) en 1904.