Inmaculada de Juan de Juni

Inmaculada de Juan de Juni

Esta escultura de madeira

é unha imaxe da Virxe María de hai 500 anos.

 

Naquela época

Ourense era a cidade máis importante do arte galego.

Moitos artistas viñan de fora de Galicia

a traballar a Ourense.

 

Esta escultura é da Virxe como a Inmaculada Concepción.

A relixión cristiá di que a Virxe é a Inmaculada Concepción.

Isto significa, que a Virxe María

está libre de pecados desde o seu nacemento

porque é a nai de Xesucristo.

 

Juan de Juni era o mellor escultor da época.

Inés Pérez de Belmonte explicou no seu testamento

que Juan de Juni é o autor desta obra.

 

Inés Pérez de Belmonte era unha muller rica de Ourense.

Tiña moi boa educación e gustáballe a arte.

 

Inés Pérez de Belmonte quería ser enterrada

no Convento de San Francisco de Ourense.

Por iso, encargou a escultura da Virxe a Juan de Juni

para poñela no altar deste Convento.

 

A Virxe María está sobre unha media lúa

e ten unha serpe baixo os seus pés

que xira de forma violenta.

 

A media lúa significa que a Virxe María

é a nai de tódalas persoas.

A serpe significa o mal.

A Virxe María pisa a serpe e triunfa sobre o mal.

 

Na man esquerda ten un libro aberto.

A man dereita está rota

pero levaba unha vara de azucena.

A vara de azucena representa a virxindade da Virxe María.

 

A Virxe tamén leva unha capa

atada no peito cunha xoia.

A capa cubre parte do pelo dourado da Virxe.

 

Esta escultura está moi ben feita,

con moitos detalles.

Ten moitas cores.

Juan de Juni utiliza a cor dourada

para o pelo e a roupa da Virxe.

 

A escultura está moi danada

pero sigue sendo moi fermosa.

Outros artistas ourensán esculpiron virxes

Copiando a Virxe de Juan de Juni.

Anexo Tamaño
Inmaculada de Juan de Juni 1002.58 KB