NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Ditadura de Primo de Rivera II

«Ourense. Anos 20». Ditadura de Primo de Rivera II

Ditadura de Primo de Rivera II

En 1913 xorde un movemento político arredor da figura de Antonio Maura, denominado Maurismo, que preconizaba a ruptura do marxismo. Un mozo enrolado nas súas filas sobresaía como orador e invitaba á axitación popular, era José Calvo Sotelo. Con raíces ourensás, en 1917 é promovido polo líder provincial dos mauristas como representante de Ourense. Comeza unha brillante carreira política. En 1919 acada acta de deputado. Á súa estela acoden antigos liberais do grupo de Vicente Pérez, moitas sociedades agrarias, tradicionalistas e socialcatólicos. Calvo Sotelo ten un prestixio inigualado na política galega. Ao producirse o Golpe de Estado de 1923, decide colaborar coa Ditadura. O nomeamento como Director Xeral da Administración é ben acollido mesmo polas Irmandades da Fala, coas que mantiña boa sintonía, especialmente con Losada Diéguez e Vicente Risco, a quen seducía a idea de Calvo Sotelo da creación dunha mancomunidade galega, como forma inicial dunha autonomía rexional e recoñecemento da personalidade galega, o que supuña a desaparición das Deputacións.

Calvo Sotelo é a persoa forte da Ditadura. Afíns ao calvosotelismo toman a representación das institucións ourensás, do mesmo modo que coloca, por toda a xeografía peninsular en altos cargos da administración central, gobernos civís ou empresas públicas a moitos ourensás e galegos.

Uns meses despois, en marzo de 1924, apróbase a súa grande obra, o Estatuto Municipal. Foi un intento de democratización e modernización da vida local. Funcionariza ao persoal administrativo, permite aos concellos organizar e xestionar servizos públicos e prevé que parte da corporación poida ser elixido por voto.

O Estatuto recoñece o dereito ao voto para as mulleres. Coa condición de ser maiores de 23 anos, non suxeitas a «patria potestade, autoridade marital ou tutela» e estivo vixente por un breve período. O artigo 84.43 sinalaba como elixibles ás mulleres cabeza de familia. Aínda que non chegaron a celebrarse as eleccións municipais programadas, a renovación de corporacións municipais por designación permitiu acceder á vida política ás primeiras mulleres. María de la Torre Hacha por Vilamarín ou Blanca Calvo Moraza e María Amor Roland por Ourense en 1925, son designadas concelleiras grazas a este avance.

Permitía o Estatuto a fusión ou segregación de concellos. Baixo esta norma, no ano 1926 fusionáronse os concellos de Vilameá e Freás de Eirás, constituíndo o novo concello de Ramirás. En 1927, o concello de Vilanova dos Infantes intégrase no de Celanova e o de Moreiras no de Xinzo de Limia. No mesmo ano a parroquia de Regodeigón segrégase do Concello de Beade e intégrase no de Ribadavia.

A reforma administrativa continuou co Estatuto Provincial de 1925. Este plan abría a posibilidade do Rexionalismo. Calvo Sotelo neste momento xa non o defendía coa mesma intensidade e Primo de Rivera opúñase claramente, o que fixo que non pasase do Provincialismo e a conseguinte decepción dos galeguistas.

Antes de ser nomeado como Ministro de Facenda creou o Banco de Crédito Local, que permitiu, no caso da cidade de Ourense distintas vilas a execución de importantes proxectos de obras.

Como ministro, entre outras reformas, creou o Monopolio de petróleos, coa compañía Campsa á fronte da cal colocou ao ourensán Arturo Salgado Biempica.

Unha grave crise monetaria faría dimitir a Calvo Sotelo o 20 de xaneiro de 1930. Unha semana despois faríao Primo de Rivera e caía a Ditadura.

Anexo Tamaño
«Ourense. Anos 20». Ditadura de Primo de Rivera II (19.63 KB) 19.63 KB