NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Guerra do Rif ou de Marrocos

«Ourense. Anos 20». Guerra do Rif ou de Marrocos

Guerra do Rif ou de Marrocos

En novembro de 1912, España firma con Francia a creación do Protectorado español de Marrocos. Ese territorio estratéxico, o último reduto libre sen colonizar, quedaba baixo a «tutela» de dúas potencias europeas. E aí xurdiu o verdadeiro problema para España cando se lle encarga a un exército limitado materialmente emprender a ardua tarefa de someter a orde colonial ás belixerantes tribos do norte de Marrocos, de Yebala, Gomara e o Rif, que si algo valoraban era a súa independencia.

As continuas campañas bélicas provocaban unha sangría económica cun exército, ineficaz e corrupto que consumía o 35% do orzamento nacional. Pero foi sobre todo un drama en perda de vidas. Estímanse 30 000 soldados mortos. Algún autor considera que deles 8000 eran galegos. O momento máis tráxico foi a batalla de Annual en 1921, cando son abatidos 9000. Esta masacre conduciu a unha grave crise política e puxo a espoleta ao Golpe de Estado de 1923. Tras Annual foron mobilizadas as quintas de 1918, 1919 e 1920, incluídos os soldados de cota, obrigados a ir a unha guerra profundamente impopular. Ata a fin da guerra en 1927, a práctica totalidade das familias españolas tiveron nalgún momento un membro servindo en África. Moitos ourensáns preferiron ser declarados prófugos (en 1917 case o 40% dos chamados a filas non se presentaban) ou exiliarse e pór terra de por medio (o caso máis coñecido é o de Eduardo Blanco Amor) a ter que ir ao norte de África.

As condicións na fronte eran penosas. Cambios bruscos de temperatura, escaseza e falla de potabilidade da auga, mala calidade dos alimentos, amoreamento das tropas, falla de hixiene, molladuras, insolacións... segundo o viviu o ourensán Xosé Ramón Fernández Oxea quen, baixo o pseudónimo de Ben Cho Shey, envía ao xornal La Zarpa a crónica dos acontecementos.

A longa intervención en Marrocos dá lugar a un fenómeno clave nese momento e no futuro: a formación do grupo dos militares «africanos» que ascenden rapidamente por méritos de guerra (Sanjurjo, Mola, Franco...). Ao tempo, os centros de decisión política desprázanse cara aos cuarteis. Non é estraño que en setembro de 1923 se cresen donos da vontade popular para dar un Golpe de Estado.

Durante a Ditadura a guerra seguía sendo o centro de atención. En setembro de 1925 conclúese con éxito o desembarco en Alhucemas, o que supuña o principio da fin da contenda. Esta fazaña permítelle a Primo de Rivera acadar gran popularidade e aplicar un plan para institucionalizar o seu goberno. Restablece o Consello de ministros coa entrada de civís, mais sen Constitución e eleccións. Nestes anos a oposición ao réxime será moito maior e as medidas represoras do réxime tamén máis duras.

Anexo Tamaño
«Ourense. Anos 20». Guerra do Rif ou de Marrocos (23.7 KB) 23.7 KB