NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Modernización

«Ourense. Anos 20». Modernización

Modernización

Terminada a guerra de Marrocos -e o enorme gasto que esta supuña- a Ditadura acometeu un ambicioso programa de obras públicas, cunha inversión prevista de 5200 millóns de pesetas que ía desde obras hidráulicas (coa creación das Confederacións Hidrográficas) ata estradas, ferrocarrís e portos.

Por un lado estaba o Circuíto Nacional de Firmes Especiais que en Ourense afectaba ás estradas de Ourense a Vigo e de Ponferrada a Ourense. Consistía nun asfaltado especial e na mellora da seguridade nestes vías: redución de curvas, desmontes para mellorar a visibilidade, peraltes… Por outro lado, incrementouse o número de quilómetros de estradas convencionais construídos, cun ritmo de 40 por ano. Tamén financiada polo Estado a Deputación acelerou a construción de camiños veciñais.

A importante inversión pública foi a dinamizadora da construción de novos equipamentos nas vilas e cidade. O Barco, O Carballiño, Celanova ou Ribadavia constrúen a súa Praza de Abastos e Matadoiro nesta década. O mesmo fará o concello de Ourense, que mercede a un préstamo do Banco de Crédito Local de 3,5 millóns acometerá cinco grandes proxectos: a traída de augas coa construción da presa de Castadón, a renovación da rede de sumidoiros e saneamento, o plano de poboación, a construción da Praza de abastos e o Matadoiro. Ademais o Estado edifica o Instituto Provincial de Hixiene, as novas delegacións do Banco de España e a de Facenda e finalízase a construción do Novo Hospital Provincial das Lagoas. Princípianse tamén neste momento os proxectos da Delegación do goberno e do edificio de Correos.

As novas instalacións melloraron notablemente o servizo á cidadanía mais trouxeron consigo, nalgún caso, a desaparición de valiosos elementos patrimoniais como o Hospital de San Roque ou o Convento de Santo Domingo. Desacertadas actuacións en nome do progreso, nunha década que se iniciara co intento de derruba de parte do edificio do antigo Pazo episcopal para ampliar unha rúa, o traslado en 1927 da igrexa dos franciscanos ou o proxecto da praza de San Martín fronte á Catedral que permitía o arrasamento dunha extensa zona da cidade antiga.

Anexo Size
«Ourense. Anos 20». Modernización (18.87 KB) 18.87 KB