NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Touros

«Ourense. Anos 20». Touros

Touros

O público acudía á praza sedento de sangue. Un pouco atolado nalgúns momentos berraba: cabalos! cabalos! porque gustaba ver os animais desbandullados ou ao toureiro bicando a area. A tradición en Ourense era secular, aínda que esporádica, limitada a espectáculos ligados ás celebracións patronais. No século XVIII, créanse os primeiros edificios exentos en España nos que a función será sufragada polos espectadores. Deste modo, fórmanse empresas que na busca de negocio invisten na construción de prazas taurinas como a que en 1906 se constrúe en Ourense na zona de Mariñamansa. Aínda que estaba feita de madeira e a solicitude de licenza aludía á provisionalidade do recinto, tiña vocación de permanencia.

Conforme avanza o século a afección decae en favor dos espectáculos deportivos, principalmente o fútbol. En 1917 a praza é deficitaria. Unicamente se programan «novilladas» polas festas do Corpus. De feito, en 1920 decídese construír un Hospital para infecciosos no seu solar.

A mediados da década obsérvase un renacemento do castizo madrileño ou andaluz con mantón de Manila, «peinetas» e mantillas de blonda para certos festexos, a modo de busca dunha identidade en vías de desaparición. Hai touros no Barco; a praza de touros de Ribadavia, en funcionamento na Veronza desde 1916, está en pleno auxe; no campo do Loña en Ourense instálase outra e Xinzo inaugura a súa neste 1925. Para a inauguración de Xinzo contaron co toureiro Manuel Rodríguez «Castrelito», ourensán de Castrelo de Miño. A faena de Xinzo non foi das mellores de Castrelito, nunha carreira que, sen chegar a coller a alternativa, foi longa polas prazas de España.

A finais da década medra a corrente de opinión pública de rexeitamento dos espectáculos macabros que se producían nos cosos. En 1927 créase a primeira comisión destinada a estudar a adopción do «peto», a coiraza que protexe as illargas do cabalo. Elimínanse as banderillas de lume e prohíbense as capeas ao tempo que as corridas evolucionan cara á estética. En 1929 prohíbese asistir aos touros aos menores de 14 anos para evitar que normalizasen a violencia.

En 1928, Ribadavia demole a súa praza. Na cidade de Ourense, os touros non volverán ata 1935.

Anexo Tamaño
«Ourense. Anos 20». Touros (18.88 KB) 18.88 KB