NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Figa romana de Santomé

Peza do día: Figa romana de Santomé

#aculturasegue

Amuleto de bronce representando unha figa, co consabido xesto do dedo polgar da man dereita introducido entre o índice e medio, simbolizando a unión de ambos sexos. Seguramente formaría parte dun amuleto máis complexo no que se combinaría a figa e un falo. A unión de ambos signos apotropaicos reforza o sentido de obrigar á mirada fascinadora a alongarse, ante a visión do xesto impúdico. A súa fabricación en bronce, no mundo romano, afonda nas virtudes filactéricas dos metais e no caracter enigmático da ciencia dos ferreiros, fabricantes dos amuletos. En épocas posteriores, a súa extensión a outros materias como o acibeche, redunda no dobre valor do amuleto, pola súa forma simbólica e polo material no que están feitos. Os amuletos son obxectos de caracter máxico aos que se lles atribúen poderes protectores.

Esta figa, procedente do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé, apareceu na campaña de 1987 sobre a rúa empedrada que dá acceso e comunica o poboado da parte inferior co castro, nun contexto da segunda metade do século I d. C., asociada a cerámica de paredes finas, Terra Sigillata Sudgálica e diferentes tipos de lucernas.

Esta peza formou parte recentemente da exposición “Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural” organizada polo Museo Arqueolóxico na sala de exposicións temporais de Afundación.

Máis información sobre esta figa na Peza do mes de abril de 2008