NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Nosa Señora do Refuxio (Compostilla, León)

Peza do día: Nosa Señora do Refuxio (Compostilla, León)

#aculturasegue

Imaxe da Virxe entronizada, tallada en madeira, policromada e dourada, de tradición románica. O seu rostro, de perfil ovalado e faccións doces, enmárcase por un veo suxeito por unha coroa que cae debuxando un zigzag ata os ombreiros. Viste túnica e manto de rica policromía en vermello e azul enriquecidos por motivos de rombos e bordes dourados. Lémbranos, nas súas liñas e cores, ás pinturas do románico catalán e as nítidas cores das miniaturas. Os brazos, que hoxe non se conservan, sosterían ó Neno, como é propio nestas Virxes.

A iconografía, moi tradicional, responde a modelos románicos de influencia bizantina, onde predomina a presenza de María como Theotocos, sempre en relación directa coa figura do Salvador, o seu fillo, ó que sostén en brazos, sen manter con Él unha relación maternal, amosándoo ó mundo. María represéntase, así, como a muller que fai posible o milagre da Redención, e como tal se amosa, con toda a dignidade, situada nun trono, hierática, frontal e intemporal. Empregando, para isto, unha composición pechada en volúmes xeométricos, reforzada polo emprego da liña recta.

O lugar de Compostilla (Ponferrada, León) ó que pertencía esta Virxe realizada no século XII, era paso obrigado para os peregrinos que, procedentes de toda Europa necesitaban, ó chegar a Ponferrada, cruzar os ríos Sil e Boenza. Seguramente, a ermida, era como unha das moitas, que nestas épocas de perigos e oracións, abundaban por todo o Camiño de Santiago, e que, presididas pola imaxe de Nosa Señora, servían á vez de lugar de oración e de refuxio. Hoxe, este nome lévao unha central térmica e pouca xente lembra o que foi na súa orixe. Sen embargo, gracias ó labor de recuperación e conservación do Patrimonio realizada durante longos anos pola Comisión de Monumentos de Ourense, a imaxe da Virxe consérvase neste Museo e está exposta na sala Escolma de Escultura.

Máis información na Peza do mes de abril de 1999