Peza do día: Taboleiro de xogo de Aquae Querquennae

Peza do día: Taboleiro de xogo de Aquae Querquennae

#aculturasegue

Os bens arqueolóxicos, en maior ou menor medida, axúdannos a achegarnos á vida dos nosos antepasados, neste caso, a un aspecto moi humano da vida dos soldados romanos: o xogo.

Este taboleiro procede do campamento romano de Aqvae Qverqvennae situado na parroquia de San Xoán dos Baños, concello de Bande. A bibliografía onde se dá a coñecer a existencia de taboleiros de xogo neste campamento (Excavaciones arqueológicas en Aqvis Qverqvennis) fálanos da exhumación de polo menos seis taboleiros –tabulae lusoriae–, e sete fichas de xogo –calculi–. Neste caso trátase de seis fragmentos de tégula nos que aparece debuxada unha maia de casetóns realizada cun obxecto punzante e que servía para a práctica de xogos como o ludus latrunculorum, considerado un xogo de estratexia militar, no que o taboleiro simbolizaba o campo de batalla.

Máis información na Peza do mes de maio de 2014