Relevo da Adoración dos Magos

Relevo da Adoración dos Magos

A Idade Media comezou hai 1.500 anos

e acabou hai 500 anos.

 

Na Idade Media, a igrexa construíu moitos mosteiros

cerca do río Miño e do río Sil.

Estes mosteiros eran os mellores edificios da época.

Tamén tiñan as mellores esculturas da época.

Estos mosteiros e as súas esculturas eran de arte románico.

 

Esta escultura é un relevo da Idade Media.

Un relevo é unha escultura con figuras

que sobresaen pola parte de diante dunha superficie.

 

Esta escultura estaba no Mosteiro de San Xoán de Camba

en Castro Caldelas.

Castro Caldelas é un pobo da provincia de Ourense.

O Mosteiro de San Xoán de Camba agora xa non existe.

 

O tema do relevo é a Epifanía.

A Epifanía é un tema moi antigo da relixión cristiá.

Epifanía significa Adoración dos Reis Magos.

 

No relevo,

os Reis Magos entregan regalos ao Neno Xesús

que acaba de nacer.

 

No relevo,

podemos ver á Virxe María sentada nun trono

co Neno Xesús no seu colo.

Diante da Virxe e o Neno Xesús

están os 3 Reis Magos entregando regalos ao Neno Xesús.

O Rei Mago que está no medio está de xeonllos.

 

As figuras do relevo son sinxelas e pouco traballadas

pero xa sobresaen bastante da superficie.

 

Os investigadores pensan que este relevo

estaba no muro da porta da igrexa do Mosteiro.

O relevo decoraba o muro

e ensinaba a relixión cristiá a las persoas.

 

A igrexa utilizaba a escultura e as construcións

para ensinar relixión ás persoas

porque a maioría non sabía ler ou escribir.

 

Naquela época,

a maioría das persoas

so tiña contacto coa arte nas igrexas.

As cerimonias relixiosas marcaban moito

a vida das persoas da Idade Media.

Anexo Tamaño
Relevo da Adoración dos Magos 1.57 MB