Nazareno

Nazareno
Nazareno
Comentario

Alto relevo representando a Xesús como Nazareno arrastrando a pesada cruz a que lle falta un dos seus brazos. Viste túnica que cae en pesados pregues dispostos asimétricamente e cínguese por un longo cordón, conformando así a silueta do seu corpo. Leva nimbo crucífero e loce unha longa cabeleira que cae simétricamente a ámbolos lados do seu rostro, tocado con coroa de espiñas.

Xesús dirixe a súa mirada ó espectador na busca de compaixón e de piedade, mostrando unha expresión comedida e resignada entre a dor e a esperanza. Na parte posterior ten un enorme paralelepípedo formando conxunto coa imaxe, destinada para empotrar, polo que probablemente formase parte da clave dalgún arco da bóveda da igrexa.